Lugo é a miña cidade natural
02
Lugo é a miña cidade natural
Síntome galego,
e síntome español
e síntome europeo;
síntome humano.
Creo que non hai que poñer fronteiras na proxección humana cara aos demais; na apertura humana cara ao resto do mundo non hai que poñer fronteiras.
Para min, todo vai moi unido… O ser de Láncara, o ser galego…
Lugo é a miña cidade natural, porque fun alí vivir na infancia, logo na adolescencia estudei alí, polo tanto as murallas son miñas como dos habitantes da cidade, pero todo iso non limita, todo está integrado, como Galicia tampouco te illa do mundo