En política, aos 17 anos

03

En política, aos 17 anos

Otero Pedrayo quedou tan compracido e amigo meu, que foi quen propuxo que me incluísen na lista para participar naquel “Mitin das arengas”, no que ían falar 20 oradores.

Era un rapaz que viña a Lugo desde Sarria, dunha aldea, tímido, pero co entusiasmo galeguista recentemente descuberto… E deseguida liguei con outros rapaces da miña idade -Antón Figueroa, Lorenzo Varela, Mouriz…-, que eran compañeiros de estudos e de xeración, e compartiamos o mesmo entusiasmo… Existía xa un grupo do Partido Galeguista, e nós creamos unha Mocidade galeguista.

Participei no primeiro mitin aos 17 anos, por culpa de Otero Pedrayo, que viñera dar unha conferencia ao Instituto de Lugo, invitado polos estudantes, e estivemos esa tarde enteira falando na terraza do Hotel Méndez Núñez, onde se hospedaba. Falamos moito… Eu lía moito na Biblioteca Provincial, onde había bastantes cousas galegas.

Eu preguntáballe cousas, porque para min era unha ocasión excepcional.