Introvertido, non tristeiro
05
Introvertido, non tristeiro
Teño propensión e facilidade para a introversión no mundo interior. Pero esa actividade reflexiva ou introvertida non é melancólica, non son tristeiro.
Son introvertido; tristeiro, non.
E son pacífico por temperamento, pero varias persoas de Galicia e máis de fóra me dicían estes días: “é que ti es unha persoa tranquila que incluso irradias tranquilidade…”.
Son tranquilo no senso de pacífico, pero moi nervioso, enormemente nervioso, é dicir, que a tranquilidade é externa, pero interiormente ás veces estou nunha tensión emotiva ou nerviosa que non se reflicte, pola introversión. Pero esa tranquilidade, así, é un pouco aparente.