A ilusión e o deber
08
A ilusión e o deber
Tiven a sorte da identificación… Nunca na familia houbo ningunha reserva, sempre aceptaron e colaboraron a que eu cumprise o que cría que era o meu deber co País, co pobo, coa nosa Terra.
Despois da guerra, unha ilusión miña houbera sido ser catedrático de Filosofía nunha Universidade. Como moitos compañeiros meus son, así podería ser eu catedrático de Filosofía.
Pero esa ilusión non chegou a quitarme o sono, porque iso é o que eu sacrifiquei pola loita política, porque considerei moralmente superiores os deberes que tiña como galeguista…
Ser amigo de Bóveda, Castelao, Otero… Compartir con eles a acción galeguista dos anos trinta, en certa maneira como supervivente daqueles, igual que lles pasou a outros compañeiros, sentiámonos co deber moral de manter viva aquela herdanza, aquela bandeira.
Foi decisión común de todos nós, un deber patriótico superior a calquera interese persoal. Igual que se arriscaba a liberdade, tamén se sacrificaban as aspiracións persoais.