A Lingua

09

A Lingua

Non é que fose a lingua a grande ilusión da miña vida, pero si era un grande entusiasmo, unha aspiración.

A preocupación pola lingua, para min, era naquela época da Mocidade galeguista un grande entusiasmo.

Fole, Pimentel e mais eu reuniámonos na casa de Pimentel, e eu vía a necesidade que había de estudar a lingua. Daquela non había lingüistas en Galicia, e o galego non estaba en absoluto normativizado nin normalizado.

Había esa necesidade, polo que eu, como unha manifestación do meu entusiasmo galeguista, estaba preocupado pola lingüística con proxección sobre o galego, sobre a lingua, porque de todas formas a lingua é terriblemente suxestiva.