Profeta na nosa Terra

12

Profeta na nosa Terra

Presidir o Consello da Cultura Galega é o imperativo moral de cumprir co meu pobo e coa miña Terra, de facer realmente o que podo facer. Esa é a meta, e a esa meta nunca se dá chegado de todo. Sempre queda máis que facer.

Se ninguén é profeta na súa terra, non me sinto profeta na miña terra. O único en relación con isto que podería dicir: o que sinto na Terra é unha actitude de cordialidade espontánea en moita xente; unha especie de identificación co que pode significar o meu comportamento galeguista, é dicir, unha manifestación de galeguismo, de solidariedade galeguista, iso si que o noto en bastantes sitios de Galicia, pero diso a ser profeta hai unha gran distancia; ese feito espontáneo, sinxelo, de simpatía cordial, iso haino.

Fun Presidente do Consello da Cultura sen a miña vontade. Eu non me votei e procurei que non me votasen, pero é unha cousa que vén imposta, e entón síntome identificado co Consello e cos demais compañeiros, pero non era unha meta miña.