Audios

Entrevista na Radio Galega

Protagonistas relacionados

Non hai protagonistas relacionados.

Xulio Xiz entrevista a Ramón Piñeiro na Radio Galega o 30 de marzo de 1985.

Escoitar podcast

Fragmentos seleccionados

Non hai fragmentos seleccionados dispoñibles.

Podcast en texto

Outros audios

Citas destacadas

Citas destacadas

Soñaba con ser lingüista pero a experiencia da guerra produciume un cambio de actitude íntima… e xurdeume a preocupación filosófica

Teño propensión e facilidade para a introspección; actitude reflexiva que non é melancólica. Non son tristeiro… son pacífico.

Fun militante político durante os anos da clandestinidade. Nesa etapa tiña unha actividade, actitude e consciencia de responsabilidade política permanente.

Cando a política que fas é unha política na adversidade, hai xente capaz de sacrificar cousas persoais por un ideal; de asumir sacrificios. Están predispostos á solidariedade, á fraternidade…

Na cousa na que son máis rico é na cantidade de amigos que teño en Galicia e polo mundo, en diversos países… neso, a vida foime moi xenerosa.

Fundamos Galaxia un grupo de superviventes da Guerra Civil, convencidos de que a pura actuación clandestina non ía producir o cambio de réxime para recobrar en Galicia a liberdade política… Galaxia foi o punto de partida…

O noso non era un exilio interior. Había a responsabilidade da defensa dos dereitos da nosa cultura, intensamente vivida, compartida por un pequeno grupo… non había exilio; había campo de batalla…

A grande ilusión íntima da miña vida, despois da guerra, era ser catedrático de Filosofía nunha Universidade…

Considerei moralmente superior os deberes como galeguista que compartín con Bóveda, Castelao, Villar Ponte… Era un deber moral de manter viva aquela herencia, aquela bandeira…

Non me sinto profeta na miña terra… o que sinto na Terra é unha actitude de cordialidade espontánea, como unha especie de identificación co que pode significar o meu comportamento galeguista.

Para min vai unido ser de Láncara, ser galego, ser de Lugo que é a miña cidade natural… todo isto non limita, está integrado, como tampouco Galicia te aisla do mundo español, do mundo humano… na apertura humana cara o resto do mundo non hai que poñer fronteiras.